The Soulbreaker Company

O rock deste quinteto de Vitoria-Gasteiz deixará a súa pegada no festival. Aromas de blues nos seus inicios, psicodelia e southern rock que decoran moitos dos seus temas, e para rematar en moitos dos casos, unha aperta clara e progresiva ao hard rock/hard blues que mamaron e que levan no sangue. Neles percibirás a esencia de mestres destes xéneros como son Lynyrd Skynyrd, Led Zeppelin, The Allman Brothers Band ou Captain Beyond.

Hard blues sureño psicodélico


A Bagaxe

The Soulbreaker Company nacían no ano 2003 e xa son cinco anos pateándose os escenarios da península. O seu primeiro LP foi editado alá polo ano 2005 e titulábano Smoke & Heavy Blues (Last Recordings, 2005), co que conseguiron moi boas críticas en revistas especializadas de nivel nacional. Isto levounos a ser abreconcertos de bandas como Mother Superior, Raging Slab ou The Steepwater Band, servindo como colofón a todo isto a súa participación no Azkena Rock Festival 2005. Xa desde os seus comezos nos seus sons se deixaban notar eses aromas dos anos 70, de bandas como Led Zeppelin, Captain Beyond, Mountain ou Grand Funk. No ano 2007 volvían ao estudo de gravación para darlle forma ao seu segundo longo, The Pink Alchemist (Alone Records, 2008). Atrás quedaban eses tímidos comezos e nestes novos temas apreciábase unha clara evolución no son da banda, un paso máis, achegándose até a psicodelia máis escura en temas como The man That You Betray ou Eliptic Turns con metais incluídos, aínda que deixando espazo para tralladas hard rock como You Should’t Cry ou Kiss In Your Face. Logo da publicación deste LP, percorrerían a península para presentar o seu potente directo, completando un máis que triunfal 2008.

Agora só nos queda poder comprobar todo isto e degustalos no escenario do festival.


Videos

The Soulbreaker Company – en La Cueva del Jazz (Zamora) 14/11/08 part1

Imagen de previsualización de YouTube

The Soulbreaker Company en La Cueva del Jazz (Zamora) 14/11/08 part2

Imagen de previsualización de YouTube

The Soulbreaker Company live en Sala Arena (Torrelavega) 01/05/2008

Imagen de previsualización de YouTube

The Soulbreaker Company entrevista en ETB2 2º disco

Imagen de previsualización de YouTube

The Soulbreaker Company entrevista en ETB2 1er disco

Imagen de previsualización de YouTube

The Soulbreaker Company en La Jungla Sonora de Radio Euskadi en 2005

Imagen de previsualización de YouTube