
Folk + rock = pop
Pepo Márquez é en realidade a única persoa fixa tras o proxecto The Secret Society, polo cal pasou xente como Rudow de Manta Ray e JR, ou Remate. O proxecto comezaba alá polo ano 2003 coa publicación do EP January, con 6 cancións, e ao ano seguinte outro EP, Bomb the Pas, con 4 novas cancións. Así comezaban a forxarse as cimentes desta Sociedade Secreta. O caldo de cultivo estaba preparado para debutar con longo, Sad Boys Dance When No One´s Watching (Acuarela, 2005) Publicábase no ano 2005, este sempre difícil debut con longo, mais Pepo estaba disposto a dar a coñecer as regras desa Sociedade Secreta nun álbum sobresaínte, co cal se situaba de cheo no panorama musical grazas a súa mestura de folk e rock.
Un debut importante e ruidoso, foi considerado Mellor Disco Nacional de 2005 pola revista Go Mag, ademais de críticas en medios internacionais como a Rolling Stone, Les Inrockuptibles en Francia, Uncut en Inglaterra ou Rif Raf en Bélxica. Percorreu toda España e parte de Europa presentando o álbum durante o 2005 e parte do 2006, pasando por Portugal, Austria, Rusia, Francia ou Bélxica, compartindo escenario e xiras con bandas como Standstill, Arab Strap, Dominique A, Magnolia Electric Co., Tara Jane O’Neil, Destroyer, Frog Eyes, 12Twelve o Last Days of April, por nomear algunhas delas, e como non, participaron en festivais como o Primavera Sound, FIB, Tanned Tin ou o South Pop e, sen dúbida, deixaron un bo puñado de amigos, bandas e medios sentíndose cércanos a súa música. Unha música que sempre tivo algo que custa explicar.
Con todo vindo que nin pintado, todos os que se identificaron coas súas cancións e o descubriron estaban á espera de novo material. Estabamos xa en outubro de 2008 e The Secret Society estaban listos con nova munición, envolta noutro deses nomes largos que tanto lle gustan a Pepo, I Am Becoming What I Hate the Most (Acuarela, 2008). Estoume a converter no que máis odio, así de explícito e así de rápido, 10 cancións en apenas 35 minutos, simplemente outro disco sobresaínte. E que se prepare quen se teña que preparar, porque este disco non é, en absoluto, un disco máis. Non é unha continuación. Non é un disco fácil. Non é un disco de folk. Non é un disco adulto, nin apoucado nin de confirmación. I Am Becoming What I Hate the Most é un disco que vai máis aló incluso das expectativas creadas polo seu anterior traballo. É rabia, escuridade, pena, dúbida, inverno e verán. Impresiona encontrar tantos matices nunha obra tan curta. E é sorpresa, inicialmente pensado e composto en inglés, a metade de camiño e en plena gravación, Pepo cambiou de plans e moitas das letras das súas cancións pasáronse ao castelán. Cinco das dez cancións quedaron escritas en castelán, escondidas tras un nome en inglés. Unha forma de escribir sen imposturas, directa e verdadeira. Una maneira inmellorable para que Pepo ingrese con honores no club dos conversos a súa lingua materna. Nese camiño até a normalización e a súa propia forma de entender a música.
The Secret Society déixanos isto,e I Am Becoming What I Hate the Most é un disco tan honesto que escoitalo fará que te sintas máis sucio e, sen dúbida, volverá a levar a Pepo e aos seus a sitios que aínda descoñecen, fará que se crucen con bandas que admiran e volverán a deixar un regueiro de satisfaccións, emocións e xente rendida. Todo desde a pequenez e a honestidade, así é como se fan as cousas que duran para sempre.
E estes son os crus detalles do nacemento dunha pequena xoia, un disco gravado e mesturado en analóxico, en directo case na súa totalidade, tratando de respectar as primeiras tomas das cancións, asumindo que haberá pequenos deslices, e producido por el mesmo. Pepo Márquez, baixo a tutela de Javier Ortiz e masterizado por J.J. Golden ( Calexico, Sonic Youth, The New Year).
O segredo en boca de moitos, longa vida a esta sociedade musical.
The Secret Society – “lights on don’t mean i’m home”
The Secret Society – “Sad Boys Dance!!”
The Secret Society live at Sidecar 16/03/07 Part1
The Secret Society live at Sidecar 16/03/07 Part2
The Secret Society live at Sidecar 16/03/07 Part3
The Secret Society – “A picture with fingerprints” (Live)
The Secret Society en Café La Palma Madrid 24/01/2008