6pm

Este dúo galego é un dos grupos máis importantes á hora de cociñar e mesturar sabiamente o pop e a electrónica no panorama nacional. A súa espazada indietrónica colapsou o torrente sanguíneo de moitos cando no ano 2006 debutaban con Far From Perfect (Junk Records, 2006). Agora parece que, tras dous anos percorrendo a xeografía española co seu dinámico directo, este 2009 volverá ser o seu ano. Volven con cinco novos temas dentro do EP titulado Tape Worms (In Silence, 2009), como preludio do seu inminente segundo LP, outra delicia a degustar lenta e minuciosamente que sacarán do forno poucos días antes do festival.

Pop e electrónica

  • Canción: “Homemade screener”
  • Lembran a: Hood, Lali Puna, L’Altra
  • + info: www.6pm.es

A Bagaxe

Six Post Morning formábanse ao redor do ano 2003, logo dun encontro fortuíto no conservatorio de Santiago de Compostela, e tras o cal, debido as súas afinidades musicais, Raúl Mon e Iván Oubiña, deciden xuntarse unha tarde para deixar fluír as súas diferentes inquietudes coa única axuda dun portátil e seis cordas dunha guitarra. Tras un par de maquetas impoñentes, e logo de ser finalistas no prestixioso Proxecto Demo na edición do ano 2006, en agosto dese mesmo ano e instalados no seu estudio caseiro da Coruña, rematan a gravación do seu primeiro disco Far From Perfect (Junk Records, 2006), no cal as bases electrónicas cobran maior presenza, deixándonos un gusto a alta cociña que ben podería formar parte do receitario de Morr Music. Nunca na intimidade dunha habitación saíra unha receita de pop electrónico de tan deliciosa factura. O bo gusto polos ritmos déixase sentir co preciosismo dixital dos pequenos detalles, mentres as guitarras e metais enriquecen a loita pola prioridade afectiva do oínte.

Estas cancións leváronos a percorrer moitas salas españolas durante o ano 2007, e a participar como único grupo galego no Primavera Sound de Paredes de Coura, no ano 2007. Agora parece que, tras dous anos percorrendo a xeografía española co seu directo, este 2009 volverá a ser o seu ano. Volven con cinco novos temas dentro do EP titulado Tape Worms (In Silence, 2009), como preludio do seu inminente segundo longo.


Videos

6PM – “Homemade Screener”

Imagen de previsualización de YouTube

6PM – “Vista”

Imagen de previsualización de YouTube

6PM – “Stopover” (live El Nautico 07)

Imagen de previsualización de YouTube