Cartel do Campus Doc

O mundo da música sempre estivo ligado a outras diversas fontes artísticas que o complementan: teatro, artes visuais, artes gráficas… Nesta ocasión imos reparar na parte visual; realizaremos unha coidada programación de documentais para, deste xeito, complementar a oferta das actuacións en directo do festival.

Levaremos a cabo unha serie de xornadas no campus nas que desfrutaremos dunha morea de filmes e documentais sobre diversos temas relacionados coa música. Ademáis contaremos con algunhas palestras do máis interesante a cargo de xente como Antón Reixa (músico, escritor e cineasta) e David Castro (Coordenador da Aula de Cinema e Imaxe da UDC). Non te perdas esta perfecta antesala para o festival de música máis importante e consolidado da Coruña.

Ademáis, como somos universitarios e facemos esto con vós en mente, temos solicitado un crédito de libre configuración para todos os alumnos da UDC que asistan ás xornadas.

Programación

O Campus Doc celebrarase os días 28 e 29 de abril máis o 6 e 13 de maio, como antesala ao festival o día venres 14. As actividades levaránse a cabo no salón de actos da Facultade de Informática no Campus de Elviña.

A programación será a seguinte:

Mércores 28 de abril

Xoves 29 de abril

Xoves 6 de maio

Xoves 13 de maio

De xeito adicional, o venres 7 de maio faremos unha presentación do Campus Rock 2010 no foro da Fnac, á que todos estades convidados, e acto seguido faremos un pase de outro documental

Crédito de libre elección

Recordade que estas xornadas son libre e de balde, e que a solicitude de crédito é opcional, pero tódolos que querades obte-lo crédito de libre elección, deberedes cumplimentar a vosa inscrición neste formulario.

A asistencia aos documentais e charlas será obrigatoria para a concesión do crédito e levarase un rexistro. Será preciso un mínimo de asistencia a 7 das actividades programadas (a presentación e pase documental da Fnac o día 7 de maio non entra dentro das actividades con dereito a crédito).

Quenes  non o precisedes e querades asistir a un ou varios documentais non teñades vergoña, pasádevos polo salón de actos da Facultade de Informática os días que querades… e punto!